Ao matrimonio de escritores, xornalistas e guionistas formado por joan didion e john gregory dunne fáltanlle uns días para celebrar os corenta anos de casados. pasan malos momentos: a súa filla, quintana, está en coma na uci por unha gripe que se complicou gravemente. unha noite, tras visitala no hospital, sentan a cear no seu apartamento neoiorquino e un infarto fulminante acaba coa vida de dunne. næo ano do pensamento máxico didion tenta buscarlle sentido ao sucedido, estudalo desde todas as perspectivas ao seu alcance para asimilalo e recompoñer corpo e alma. o resultado é un sagaz estudo do dó en que milleiros de lectores se viron ûou se verán, avisa didionû reflectidos no transo de perder un ser querido.
