Ao pé da torre de hércules aparece o cadáver dun home que agocha na chaqueta o logotipo dunha bandeira rusa e o enderezo de tres prostíbulos. este será o primeiro dunha serie de crimes que remiten a diferentes autorías que semellan ter un só punto en común: a aplicación da lei do talión. esta novela, na que o policía sánchez pereiro se transforma noutro dos moitos lobos e lobas doentes que loitan pola supervivencia, débelle o título ao poema de rosalía «a xusticia pola man». antonio tizón aproveita este contexto para afondar na temática recorrente da vinganza, enlazada co 11 m como marco histórico da trama, e volve incidir, como en obras anteriores, na impunidade do poder fronte ao crime ou na confusión entre a loucura e a maldade. aínda que agora, en «lobos doentes», a narración intenta tamén descifrar a escuridade que rodea certas tendencias sexuais.
