Aos seus dezaseis anos, marisa aínda non sabe o que é o amor. pide respostas a esa descoñecida que é a súa imaxe no espello. mirándose sente unha dor invisible que arrinca dende o máis profundo do seu ser. amalia, a súa mellor amiga; luís enrique, o rapaz que lle abre as portas ao mundo do teatro; chari, a súa irmá e os seus pais son o espello onde as súas dúbidas van resolverse da forma máis inagardada. jordi sierra i fabra, un dos autores máis lidos da literatura xuvenil contemporánea ofrece relato apaixonante sobre o descubrimento da identidade sexual na adolescencia. con naturalidade e sen tabúes, a experiencia de marisa ilustra sobre como aceptar e asumir a propia sexualidade para levar unha existencia feliz. do outro lado do espello obtivo os premios ramón muntaner 2003 e potagonista jove 2005 ao mellor libro xuvenil en lingua catalana.
