Aos seus 35 anos, mitsuo kawano traballa como editor nunha publicación cultural mentres espera fundar a súa propia revista de historia. hai tempo que deixou de ter relacións sexuais coa súa parella e frecuenta salóns eróticos. un día crúzase con gorô kida, un excompañeiro que se converteu no presidente dunha importante empresa, e con el asiste a un selecto club onde atopa unha antiga amiga da escola, a misteriosa mitsuko, o seu primeiro amor. o encontro con mitsuko, a quen chama azami, coma a flor do cardo, esperta nel unha paixón inesperada e revive os seus desexos de xuventude.
