Aos nosos irmáns querémolos, pero ás veces en vez de chamalos polo seu nome, facémolo co dun animal: osiño xeitosiño, bolboreta requetecoqueta... e cando nos enfadamos, os animais xa non son tan bonitiños e pasan a ser: un coello fedello, unha saltona mamalona...
